ELA. Ola 2018.

Escrito por remexendo 01-01-2018 en Diario. Comentarios (0)

Hoxe é un deses días calquera no que os dedos escriben sós, no que cada tecla que soa neste portátil é unha liberación dos sentimentos agochados.

Porque ela apareceu cando máis a necesitaba, cando me facía falta a brisa nun día caluroso. Cando cargado cunha bolsa de moreas de momentos negativos botou unha man e axudoume a chegar, para que pesara menos, para facela mellor. A metáfora da bolsa que ben pode ser a vida.

Se estás lendo isto que sepas que si, que si que é por ti. Eres a rapaza máis especial que coñecín nos meus vintecatro anos, a rapaza coa que todo rapaz con dous dedos de frente soñaría con tela ao seu lado. Non pido moito, ou si, só quero dedicarme toda a vida a facerte o máis feliz posible, porque se ti tes un sorriso eu serei o home máis afortunado do mundo. Abrazarte, compartir momentos e ser o teu apoio cando penses que podes caer, eu non te deixarei.

Estado de ánimo, esas son as palabras que describen o efecto que ela crea en min, a diferencia de estar ou non ao seu lado. Non é que dependa a miña felicidade da súa presencia, pero si que a fai máis especial, un sorriso pechado, unha boca que taratexa e uns ollos que brilan máis do normal. Ten un non sei que é que me encanta. Pero todo isto é como un primeiro trago a un té, amarga saber a realidade, amarga saber que non é recíproco. O malo é saber que non é un capricho, que comeza a ser unha necesidade.

Tristes realidades a veces, pero que non deixa de ser unha folla dobrada dun libro sen final.

Soan as doce badaladas e pecha un ano especial e abre outro incerto. Longo recorrido por este novo episodio, unha nova oportunidade de darlle veracidade a todos os propósitos. Sen dúbida un eu xa o cumplín, expresar todo o que levo dentro neste blog, neste primeiro todo o que ELA significa pra min.

Bo ano 2018.